Curso “A interpretación sen cortes”

TÉCNICA DE INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA. A INTERPRETACIÓN SEN CORTES.
POR QUE HEI ENCOMENDARME Á MILAGRE DA MONTAXE?

Introdución. En que consiste o curso?

Este curso de interpretación a cámara “Interpretación sen cortes” consta de dúas partes diferenciadas e complementarias. Unha, teórico-práctica, na que actores e actrices descobren as ferramentas interpretativas necesarias e propias da linguaxe audiovisual para afrontar o traballo das escenas; e outra segunda, práctica, de gravación e visionado de escenas.

Filosofía. Cal é o punto de partida do curso?

Os actores e actrices de cine e televisión establecen conclusións dos seus traballos actorais basándose case que exclusivamente nos resultados: as secuencias finais emitidas. Afastados do proceso polo cal se chega ata esta montaxe final das escenas, carecen do feedback necesario para millorar aspectos concretos das súas interpretacións. 

Nembargantes este proceso é importantísimo, especialmente no periodo de formación e iniciación ao medio audiovisual, xa que dita ferramenta, a montaxe, non é máis ca un “filtro de defectos”. Opera separando as partes “correctas” da interpretación dos actores en distintas tomas dunha mesma secuencia e eliminando as “incorrectas”. Dando ritmo alí onde non o hai, disimulando tempos de “non escoita” no contraplano, descontextualizando expresións e mesmo construindo artificialmente momentos que xamais existiron na gravación en directo. Para actrices e actores, ver as escenas finais dos seus traballos, en ocasións pode equipararse a ver “as mellores fotografías dunha voda”: ninguén escollería aquelas fotos nas que os noivos non saen favorecidos.

Este curso afonda precisamente nisto, na actuación sen cortes. Na necesidade que ten todo actor e actriz de coñecer o seu traballo de maneira íntegra para poder modificalo e milloralo alí onde o precise, con ferramentas eficaces e propias da linguaxe audiovisual. 

Cales son esas ferramentas específicas?

– Sinal de cámara
– Punto de vista
– Línea de pensamento e escoita activa
– Foco de atención

Estructura das sesións de traballo:

O curso consta de 16 horas lectivas repartidas en 4 sesións de traballo:

Día 1.
– Presentación de ferramentas e traballo sobre as escenas.

Día 2.
– Gravación de escenas

Día 3.
– Gravación de escenas

Día 4.
– Visionado da montaxe final das escenas gravadas e comparación co material sen cortes de cada actor e actriz.
– Comentarios e conclusións finais.

Requisitos:

Moi importante: boa memorización do texto das escenas.

Número de horas do curso: 16h.
Datas: 12, 14, 19 e 21 de novembro de 2016.
Horario: de 17 a 21h.
Máximo de prazas: 12.
Prezo: 150€ (120€ para os que fixeron o primeiro Curso de Interpretación a cámara na Sala Gurugú).

Dispoñibles prazas para oíntes.

Reserva de prazas iriazaresx@gmail.com ou 618 470 512.

E se queredes estar ó tanto de novos cursos ou doutras novas, suscribídevos ó blogue: follow us in feedly

  • Curso de Interpretación a cámara
    Curso de Interpretación a cámara